Tipos de bulos

 Ola a todos, hoxe veñovos a mostrar os sete tipos e bulos que existen cos seus determinados exemplos reais correspondentes a cada un deles. Para empezar vouvos a mostrar o primeiro tipo de bulo o bulo de contexto falso.

Como contexto falso entendemos aquela noticia difundida cunha imaxe que non corresponde coa información, como exemplo, esta noticia difundida que aseguraba que a embasada de Estados Unidos fora atacada pir Irak cando en realidade esta imaxe corresponde a un ataque de Israel contra Bagdad de hai anos atrás.
                                          

Pero non só existen este tipos de bulos que inclúen imaxes tamén podemos atopar noticias nas que atopamos imaxes manipuladas que son retocadas, como por exemplo, esta imaxe na que se critica que un dos gardas civís que aparecen na imaxe se atopan retirando unha estalada catalana o 1 de outubro de 2017, pero como podemos comprobar ao analizar a imaxe podemos ver que tanto a bandeira catalana como a bandeira do balcón foron engadidas despois cun programa informativo.

 

 Ou, por exemplo, esta outra imaxe realizada en Líbano despois dun ataque Israelí na que o propio fotógrafo oscureceu dixitalmente o humo para facer a imaxe máis dramática.

 
Pero non son o único tipo de noticias falsas con imaxes, aparte das imaxes editadas tamén existen os bulos de contenido fabricado, é dicir, imaxes falsas que son creadas dende cero, como por exemplo, unha imaxe falsa creada con intelixencia artifiical do corpo desnudo da influencer Laura Escanes, que ela mesma denuncia nun tweet. 


 
E exemplos de bulos nos que tamén se ven involucrados normalmente os famosos ou influencers con contas de numerosos seguidores, noticias coñecidas pola suplantación de identidade coñecidas como noticias de contenido impostor como, por exemplo, este caso na que a conta de Diego Maradona foi hackeada e na que o hacker se dedicou a subir cousas na súa conta facéndose pasar por el.







Tamén existen tipos moi diferentes de noticias cuxo obexectivo é moi distinto, este é conseguir facer un efecto clickbait, por exemplo as noticias de conexión, como esta na que se da un titular falso e na que o corpo da noticia é unha información totalmente distinta.




 Ou como neste caso unha noticia de confusión na que a noticia falsa se difunde por redes sen contexto e causa unha gran confusión y desinformación, como esta noticia publicada pola revista francesa medusa magazine.


 

 

 E para finalizar como último tipo de bulo existe a noticia de información enganosa, é dicir, noticias que teñen unha parte real e outra que é falsa como, por exemplo, a noticia falsa dada por moitos medios da presunta morte do presidente de Korea do norte algo que é falso, aínda que si ten unha parte verdadeira xa que o seu estado de saúde era delicado xa que se sometera a unha operación de corazón.



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
                                                                   
 
 


Comentarios

Entradas populares