Beneficios e riscos da tecnoloxía 5G
Ola a todos, un día máis, hoxe veño a falarvos sobre un novo tema no día de hoxe vouvos a falar sobre os beneficios e os riscos da tecnoloxía 5G.
Esta nova tecnoloxía móbil aumentará a velocidade de conexión, reducirá ao mínimo o tempo de resposta da web e multiplicará exponencialmente o número de dispositivos conectados, polo que estaremos conectados a rede a mairía do tempo e no menor tempo posible.
A 5G traballa transmitindo unha gran cantidade de datos a distancias máis curtas que a 4G LTE. Isto axuda á velocidade e uniformidade dos sinais de conexión e a propia rede, ademais esta mesma pode admitir máis dispositivos debido ao uso de novos espectros de sinais.
Polo que en consecuencia ten moitos beneficios como por exemplo a tecnoloxía 5G é capaz de reducir o consumo enerxético dos dispositivos, permitindo unha maior durabilidade da batería e por tanto unha maior saúde da batería do dispositivo, tamén ofrecerá un impulso cara a novas tecnoloxías como o IoT ou o Edge Computing e ademais a creación de novos negocios en todo tipo de ámbitos, grazas ás características desta polo que surxiran novas empresas en áreas como o gaming, o turismo ou entretemento.
Pero polo contraria esta tamén ten numerosos riscos, incluso no ámbito da saúde. Cunha plataforma con millóns de dispositivos conectados, fai posible que existan ataques máis grandes e perigosos, unha diminución da visibilidade da rede coa tecnoloxía as redes só expandiranse polo que serán máis utilizadas e haberá un maior tráfico para administrar polo que poida que as empresas non poidan obter a visibilidade do tráfico de rede necesaria para identificar anomalías ou ataques.
FONTES
https://bdrinformatica.com/blog/informatica-y-empresa-3/la-tecnologia-5g-y-sus-riesgos-corporativos-2456
https://www.kaspersky.es/resource-center/threats/5g-pros-and-cons
https://www.incibe.es/ciudadania/blog/tecnologia-5g-y-riesgos-de-ciberseguridad
https://www.red.es/es/iniciativas/tecnologia-5g
https://www.nationalgeographic.com.es/ciencia/que-es-5g-y-como-nos-cambiara-vida_14449
Comentarios
Publicar un comentario